f

Cesta de compra

A súa cesta está baleira

Visitar tenda

Directorio

Escribir comentario

 

OBRADOIROS

  • Babaluva Teatro
    Como docentes ofrecemos diversos talleres de expresión e creación artística, combinando o teatro, as artes plásticas e a música como ferramentas para a formación integral do neno que favorecen e potencian a imaxinación e a sensibilidade artística.
  • Baobab Teatro
    Baobab Teatro traballa obradoiros para aprender xogando: Obradoiros de Monicreques, de Expresión Corporal e Teatro, e de Animación á Lectura, para que os cativos a partir de 3 anos se divirtan facendo actividades de calidade.
  • Circonove
    Escola de Circo dedicada á formación, adestramento e esaios de artistas circenses, así como á creación de espectáculos, organiza obradoiros de circo para nenos para inicalos nunha toma de contacto cos malabares, as acrobacias, os aéreos e o clown.

CONTACONTOS

  • Andrea Bayer
    En “Contos para un caldiño” o principal ingrediente é ir construíndo entre todos un caldiño rico e saboroso, que precisa duns ingredientes moi especiais: contos de libro, visuais, cantigas, contos con obxectos e, principalmente, orellas que escoiten.
  • Carmen Domech
    Había unha vez moitos contos capaces de facer viaxar os seus oíntes a lugares marabillosos. Da man de personaxes extraordinarios, realizar fantásticas fazañas e descubrir a aventura nos nosos quefaceres cotiáns. Tlf. de contacto: 981801237
  • Celso Fernández Sanmartín
    Contar contos é unha actividade de amor, sentido e paixón: pola lingua, pola oralidade, pola comunicación, por pensar que non se perda un verdadeiro tesouro de historias e contos, e ilo por aí amosando coa boca aberta e coa boca chea. Tlf.: 610328454
  • Fátima Fernández
    Nacín nunha vila da costa, o meu primeiro recordo é o son do mar mesturado coa voz do meu avó; o bater das ondas e as historias que me contaba mergulláronme nun mundo de fantasía do que espertei para abanear o meu fillo cos meus contos. Tlf.: 620229071
  • Inés Cuadrado
    María Ines Cuadrado é actriz, narradora oral, dramaturga e directora teatral. Profesional formada en Bos Aires, Caracas e Londres, dende 2006 imparte adestramento en expresión oral no ámbito escénico, docente, universitario e empresarial.
  • Marta Ríos
    “Contarlles contos aos nenos é como a maxia, non todos os días che sae igual”. Actriz con ampla experiencia no teatro (Talía Teatro) e na televisión, monitora de obradoiros, e contacontos, á que lle resulta moi gratificante o seu labor cos nenos.
  • Pablísimo
    Colle un pouquiño de contacontos, engádelle unha pinguiña de teatro, déixao ao baño María con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima… e xa tes unha sesión de Pablísimo, que ademais de contacontos é actor, pallaso, monicrequeiro e profe.
  • Paula Carballeira
    Escritora de libros e obras de teatro, especialmente para público infantil e xuvenil, ten sido directora de producións teatrais. Alma máter da compañía de teatro Berrobambán, tamén se dedica á narración oral. Este é o seu teléfono de contacto: 652197599
  • Pavís Pavós contadores de historias
    Contadores de historias para público familiar. Centra o seu labor na recuperación da oralidade e da maneira tradicional de contar contos. Tamén inclúe nos seus espectáculos contos de nova creación e con formatos contemporáneos. Tfno. 618951328
  • Trinke Trinke
    A Cía. do Trinke Trinke naceu por iniciativa de David Pernas Lázaro, quen dende 1992 traballa en Bibliotecas e Escolas de toda Galicia co seu personaxe Camifuco, rato de Biblioteca, poñendo o teatro ao servizo da educación. Tlf:616 071 986

PALLASOS

  • Os sete magníficos máis un
    Os 7 Magníficos máis Un somos unha compañía galega de clown e teatro infantil constituída por actores e actrices galegos procedentes de diversos medios e formados na arte do clown e o bufón con algún dos mestres máis prestixiosos do ámbito internacional.

CINE

  • A caixiña dos mistos
    A Caixiña dos Mistos é unha sala de proxección que percorre todos os barrios e vilas galegas. Unha caravana ambulante que leva o público infantil ao mundo da fantasía a través de contidos audiovisuais de curta duración. Este é o seu tlf.: 981667665

CAMPAMENTOS

  • Itaca
    Campamento de verán en Frádegas (Antas de Ulla), do 15 ao 29 de xullo. Os prezos son de 100 € os socios e 200 € os non socios. Aberto o prazo de inscrición. Para apuntarse enviar un correo a itaca@itacafederacion.org ou chamar ao 981562250 de 17.30 ás 21.
  • Xandobela
    Os acampamentos son unha oportunidade para ir máis alá que o desleírse no mero percorrer, baleiro de contidos. Un acampamento é un fragmento de vida no que a nena convive, comparte, experimenta e desfruta.

ESPECTÁCULOS NA RÚA

  • Lusco e Fusco
    Lusco e Fusco xorde da unión de dous dos artistas máis carismáticos do panorama do novo circo e teatro físico galego: Alfredo Pérez, Circanelo, e Pablo Reboleiro, Trasno. Os dous teñen formación en circo, teatro físico e danza, e unha experiencia laboral
  • ONosoCirco
    Plataforma web na que tódolos artistas e compañías do Novo Circo galegO atopen o seu espazo. ONosoCirco pretende establecer uns fortes vínculos entre tres tipos de usuarios: artistas e compañias, público usuario e programadores de eventos.
  • Pista Catro
    Pista Catro, Productora de Soños: colectivo humano constituído por actores de teatro, músicos, malabaristas, acróbatas e clowns que se constitúe como empresa pioneira en crear, producir e distribuír espectáculos de Novo Circo e Cabaré.

RECURSOS DIDÁCTICOS

  • Bicos de vento
    Este poemario está feito dentro dunha aula de Educación Infantil. Os poemas son inventados na aula.Todos son vivenciados corporalmente, xógase coas palabras, co ton de voz,…xógase a crear un universo de imaxes de cores, de sabores, de olores, de textura
  • Botons. Portal Galego de Educación
    Botóns.eu diríxese a toda a comunidade educativa, de xeito moi especial ás familias, e en concreto a nais e pais. Está aberto a toda a cidadanía interesada en saber máis acerca de como axudar, colaborar, contribuír e mellorar a educación dos cativos.
  • InnovArte Educación Infantil
    Educar é unha “arte” que require da innovación; porén queremos que InnovArte sexa a nosa consigna, que precisa doutras “artes”: FormArte, ReflexionArte, CativArte, ActualizArte, CuestionArte, AchegArte, IlusionArte…, e ata se fai falla rebelArte.