f

Cesta de compra

A súa cesta está baleira

Visitar tenda

Festival Internacional de Títeres Galicreques 2011

Escribir comentario

 

cartel-galicreques-2011-212x300

 

Programación do 1 ao 9 de outubro:

 

Sábado 1 de outubro 2011
18:00h A la Sombrita. Teatro de Pocas Luces. “¡El Patito Feo!” ARTeria Noroeste

 

Domingo 2 de Outubro 2011
12.30h A la Sombrita. Teatro de Pocas Luces. “¡El Patito Feo!” ARTeria Noroeste

 

Luns 3 de outubro 2011
10.30h A la Sombrita. Teatro de Pocas Luces. “¡El Patito Feo!” ARTeria Noroeste
11.30h El Chonchón. “El EnmaZcarado” Teatro Principal
12.30h Mesa redonda. Presentación de compañías Galicreques 2011. Teatro Principal
20.30h Títeres cachiporra “Sopa”. Teatro Principal

 

Martes 4 de Outubro 2011
10.30h Taller de Arte El Colectivo. “ReCuerdos” ARTeria Noroeste
11.30h Madero Grupo de Teatro “El Señor del Mar”. Teatro Principal
20.30h Teatro Arbolé “Amor de Cuentos” Teatro Principal

 

Mércores 5 de outubro 2011
10.30h El Abrojito. “El Lobo Rodrigo” ARTeria Noroeste
11.30h La Bicicleta “Juanito y los frijoles mágicos”. Teatro Principal
De 19.00h a 20.00 h Obradoiros de construción de títeres para nenos e nenas `Títeres coas mans´. Praza Toural*
20.30h Marionetas, Actores & Obxectos “O Nariz, de Nikolay Gogol”. Teatro Principal

 

Xoves 6 de outubro 2011
10.30h Tesis Teatro. “Los Tres Reyes y Un Simple” ARTeria Noroeste
11.30h Guiñoleros UAS. “La Carpa de los Dos Colores” Teatro Principal
12.30h Mesa redonda. Títeres en Hispanoamérica. Teatro Principal
De 19.00h a 20.00h Obradoiros de construción de títeres para nenos e nenas `Teatro de cartón´. Praza Toural*
20.30h Obradoiro de Arte El Colectivo. “ReCuerdos” Teatro Principal

 

Venres 7 de outubro 2011
10.30h Teatro de Marionetas La Estrella. “La Bella Durmiente”. ARTeria Noroeste
11.30h La Mar de Marionetas. “Nana Luna”. Teatro Principal
12.30h Mesa redonda. Publicacións galardoadas co Premio Barriga Verde 2010 e entrega do Premio Galicreques 2011. Teatro Principal
17.00h, 17.45h, 18.30h, 19.15h, 20.00h e 20.45h Teatrillo Mágico El Retrete de Dorian Gray. Praza Toural*
De 19.00h a 20.00h Obradoiros de construción de títeres para nenos e nenas `Teatriño de papel´. Praza Toural*
19:00h Espectáculo de rúa*. Praza Praterías
20:30h Teatro de La Plaza. “Histórias com desperdícios“. Teatro Principal

 

Sábado 8 de outubro 2011
13.30h, 14.15h, 17.45h, 18.30h, 19.15h e 20.00h Teatrillo Mágico El Retrete de Dorian Gray. Praza Toural*
17:00h Títeres Cachiporra “Sopa“. Teatro Principal
18:00h Teatro de Marionetas La Estrella. “La Bella Durmiente”. ARTeria Noroeste
19:00h Espectáculo de rúa*. Praza Roxa
20:30h Guiñoleros UAS.”La República del Caballo Muerto“. Teatro Principal

 

Domingo 9 de outubro 2011
12:30h Teatro de Marionetas La Estrella. “La Bella Durmiente”. ARTeria Noroeste
17:00h Madero Grupo de Teatro. “El Señor del Mar“. Teatro Principal
20:30h El Chonchón. “El EnmaZcarado“. Teatro Principal
*Os espectáculos de rúa suspenderanse no caso de chuvia. *Os obradoiros de construción para nenos realizaranse nos soportais do Teatro Principal no caso de chuvia. *Non é posible reservar entradas para o espectáculo de carpa de Praza Toural.

 

Se queredes saber máis aquí tendes o seu web: http://www.galicreques.com/

Chegou `A rebelión do monicreque´, con Matapiollos Teatro

Escribir comentario

 

xira-rebelion-0521

 

Dirección: José Campanari e Jorge Yáñez
Autor: Araceli Gonda Cabreira
Actores: Marta Rivas e Carlos Coira
Escenografía: Jorge Yáñez e Marta Rivas
Público: Infantil
Duración: 55 min.
Produción: Matapiollos

 

Anteollos e Trapos son dous monicreques que, como moitos outros, viven esquecidos no armario dunha nena chamada Ofelia. Pero… qué pasaría se un deles quixese cambiar de vida? Trapos está farto de vivir nese armario e quere ter pés para vivir como un neno e facer as cousas que fan os nenos. Unha couza vai darlle a solución, pero cando consegue ser un neno comeza unha nova aventura.
Unha historia na que se mesturan os monicreques con personaxes reais.
Unha historia na que redescubrimos os monicreques como un divertido xogo que se poden fabricar case con calquera cousa.
Para coñecer datas e lugares de actuación, aquí tedes o seu web: http://www.matapiollos.com/

`Saltimbanquis´, un musical infantil de Teatro do Morcego para gozarmos en familia

Escribir comentario

 


saltimbanquis1

 

Dirección: Celso Parada
Actores: Mundo Villalustre, Iolanda Muiño, Blanca Cendán, Mighello Blanco e Serginho
Escenografía: Teatro do Morcego
Público: A partir de 9 anos
Produción: Teatro do Morcego

 

A peza ten como protagonista un burro, que, cansado da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda  onde traballaba, na procura de mellores condicións de vida.  No camiño á cidade, encontra un can e unha galiña que foxen polo mesmo motivo, xunto cunha gata, á que botaron da casa porque pasara a noite cantando.  “Unidos contra a tiranía dos donos, deciden formar um conxunto musical e parten cara a cidade dos soños, compoñendo belas cancións”.
Celso Parada asumiu a adaptación galega do musical homónimo de Sergio Bardotti inspirado no conto “Os músicos de Bremen” dos irmáns Grimm.
Aquí tendes o seu web para coñecerdes máis sobre este espectáculo: http://www.teatrodomorcego.com/

A Loca-Motora achéganos unha marabillosa aventura con `Carlota e Marieta dan a volta ao planeta´

Escribir comentario

 

voltaplanetaandamio


“Carlota e Marieta dan a Volta ao Planeta” é unha montaxe que fala da ilusión de viaxar, de coñecer outras terras, outras culturas e outras xentes. Carlota e Marieta atopan unha caixa misteriosa na súa casa, cunha mensaxe moi suxerente. Elas, curiosas por natureza, non poden deixar de abrir a caixa e así comezar unha marabillosa aventura: Dar a Volta ó Mundo en 80 días seguindo as instrucións da caixa. Inspirada na novela de Xulio Verne, é unha grande aventura imaxinativa, na que o público se unirá a Willy Fogg e Paspartú no seu percorrido e nos seus encontros con xentes de todo o mundo: Árica, Exipto, Xapón, o Polo Norte, Norteamérica e México. Toda unha mostra de diferentes culturas que está reflectida nas aventuras e situacións cómicas que viven.

O espectáculo está recomendado para público familiar, con nenos/as de 5 a 12 anos, e ten unha duración de 70 min.
Se queredes saber máis, este é o seu web: http://www.alocamotora.com/


Contacontos e títeres para a representación de `Lume´, de Babaluva Títeres, sobre a sensibilización ambiental

Escribir comentario

 

lumeweb

Dirección
: Mariza Basso e Santi Prego
Autor: Adaptación dun texto de Alberto Varela Ferreiro
Titiriteiras: Larraitz e Mirari Urruzola
Escenografía: Mariza Basso Teatro de Formas Animadas/Teatro Babaluva
Público: Infantil (de 2 a 8 anos)
Duración: 30 min.
Produción: Teatro Babaluva

 

Nun bosque onde vivían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can… Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume. Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización ambiental dirixida a nenos e nenas de 2 a 8 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.
Podedes atopar máis información no seu web: http://www.babaluva.com/

O valor da amizade con `Valentino Rufini e Âquil Pillabán de viaxe en Milán (e van sen un can)´, de Talía Teatro

Escribir comentario

 

valentino-rufini-web

 


Dirección
: Roberto Salgueiro
Autor: Roberto Salgueiro
Actores: Diego Rey e Dani Trillo
Escenografía: Rodrigo Roel
Público: familiar
Duración: 55 min.
Produción: Talía Teatro

 

Esta farsa que respira da comedia da arte está ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes. Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia. Pola súa parte, Âkil Pillabán, magrebí que traballaba no mundo da construción, á abandonado pola súa ama coa que tamén viaxaba a Milán, e igualmente decide pasar a noite na mesma casa onde se refuxia Valentino.
Coñeceranse alí, e xuntos agardarán pola carruaxe que vai a Milán para pedir auxilio. Xuntos pasarán a tarde, a noite, e verán chegar un novo día. A desconfianza entre eles e o medo que os une provocarán divertidas historias coas que se artella un espectáculo que trata de reflexionar sobre a diferenza cultural, a desconfianza ao descoñecido e, por riba de todo, a necesidade de comprender que todos somos iguais, malia a cor da pele, das relixións e das posicións sociais.
Trátase, en definitiva, dun espectáculo para ver en familia, para rir sen medo e, ao tempo, para pensar sen prexuízos.
Para coñecerdes máis sobre esta compañía, aquí tendes o seu web: http://www.taliateatro.es/

Cachirulo ofrécenos unha divertida historia interplanetaria, `A guerra das Galicsias´

Escribir comentario

 

la-guerra-de-las-galicsiasw

 

Guión e dirección: Jorge Rey
Titiriteiros: Carmen Domech e Jorge Rey
Vestiario e Títeres: Carmen Domech
Público: Infantil (a partir de 4 anos)
Duración: 55 minutos
Produción: Cachirulo

 

Unha divertida aventura interplanetaria do século XXI inspirada nas aventuras galácticas do século XX e nas tradicións  máxicas, astrolóxicas, culturais e gastronómicas da nosa terra.
Marticia atópase en alerta. As súas augas foron contaminadas cunha estraña substancia que provoca os máis insólitos efectos nos seus habitantes. Detrás destes sucesos atópase o malvado emperador de Omega, planificando unha invasión que só o amor e un pouco de maxia, ó seu debido tempo, poden impedir.
Tedes máis información no seu web: http://www.titerescachirulo.com/gl

Os cambios da natureza en `Historia dunha semente´, de Caramuxo Teatro

Escribir comentario

 

sementeweb


Dramaturxia e dirección
: Juan Rodríguez
Actores manipuladores: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
Escenografía: Caramuxo teatro
Público: A partir de 3 anos
Duración: 45 min.
Produción: Caramuxo Teatro

 

Duas persoas buscan algo pero non saben o que están buscando ata que o atopan. Unha semente.
¿Cómo é posible que algo tan pequeno se converta nunha grande árbore?
Historia dunha semente é a historia dunha árbore, unha maceira que enche de vida a pradeira.
Galiñas que non poñen ovos, raposos con moita fame, unha mosca namoradiza en busca do moscón perfecto para casar, unha nube e un sol moi peculiares e moita diversión.
Unha fábula que reflexiona sobre a natureza e os cambios que se producen nela.
Espectáculo cómico de títeres de mesa e actores cheo de maxia e que introduce ós máis novos nun mundo cheo de imaxinación e fantasía.
Se queredes saber máis, aquí tendes o seu web: http://www.caramuxoteatro.net/

`Konrad´, o prototipo de neno perfecto, con Sarabela Teatro

Escribir comentario

 

konradweb1

 

Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Autor: CHristine NöstLINGER
Actores: Fernando Dacosta; Elena Seijo; Tito Asorey; Nate Borrajo; Sabela Gago
Escenografía: Suso Díaz
Público: Infantil
Duración: 55 min.
Produción: Elena Seijo e Fina Calleja

 

Imaxinas vivir cun neno que diga sempre “si” a todo e que ademais non saiba xogar?  Que aburrimento!  Claro que esa clase de mozos tan só poden ser feitos nunha fábrica ou por un ordenador. Pois iso ocorreulle en certa ocasión a unha pobre muller maior, a quen todo o mundo cría un pouco tola e que aseguraba ter recibido un neno na mesmísima porta da súa casa.
Non o podes crer?
Pero se ata din que se chama Konrad!

Deste traballo de Sarabela Teatro podedes atopar máis información no seu web: http://www.sarabelateatro.com/

`Un avó especial´, de Migallas Teatro

Escribir comentario

 

avo1

 

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus
Actores: Carlos Yus e María Campos
Escenografía: Migallas
Público: Infantil
Duración: 1 hora
Produción: Migallas

 

Un avó especial” é un espectáculo destinado a público familiar no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudarlles ós rapaces a comprender situacións que moitos deles poden vivir no seu contorno familiar.
Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.
Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia.
Así mesmo, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo.
Se queredes saber máis, aquí tendes o seu enderezo web: http://www.migallas.com/