f

Cesta de compra

A súa cesta está baleira

Visitar tenda

Quen somos

Escribir comentario

 

Sabemos que en Galicia hai unha produción cultural, relacionada co mundo infantil, de moi boa calidade, pero pouco visible.

 

As nais e os pais non dispoñen de información sobre como e onde poden adquirir estes produtos. No canto de atoparse con eles, teñen que se esforzar por buscalos. E ademais, en xeral, a distribución existente é sempre unha distribución sectorializada (música nas tendas, libros nas librarías, xoguetes educativos nas xogueterías, …), o que impide que os potenciais compradores teñan unha percepción global da oferta existente.

 

É por isto que con Liquilí tentamos crear un punto de referencia na Internet para a información e compra de produtos culturais en galego destinados a público infantil, a través da creación dunha e-tenda que unifique e visibilice a oferta existente e a poña en relación coa potencial demanda.

 

O portal electrónico de Liquilí tentará ademais ser un dos principais referentes de todo o que teña relación coa cultura infantil en Galicia. Queremos ser un dinamizador cultural de todo o relacionado cos máis pequenos. Os libros, os discos, os videoxogos, as series de animación, os filmes, os xoguetes, o teatro, os concertos, os diversos festivais… todo ha de reflectirse no Liquilí.

Contacto

Escribir comentario